FORMACIÓN PROGRAMADA
A nosa guía formativa ofrece cursos xerais e específicos por sectores de actividade ou tipos de riscos impartidos en data e localidades determinadas.
A Normativa legal vixente obriga os empresarios a formar os seus empregados sobre os riscos para a saúde inherentes ao traballo que desempeñan. Mugatra elabora cada ano un programa formativo que ofrece un amplo abano de temarios, pretendendo facilitar o cumprimento das obrigas contraídas tanto para o seu persoal con antigüidade coma para o de recente incorporación.
A nosa guía formativa ofrece cursos xerais e específicos por sectores de actividade ou tipos de riscos impartidos en data e localidades determinadas.
Aínda que os cursos programados dan resposta aos riscos propios dos traballos máis usuais, poden existir actividades, postos ou tipos de traballo que requiran outra formación máis específica xa sexa esta complementaria ou independente da ofertada. O técnico que este Servizo de Prevención asignou á súa empresa asesorarao sobre a formación para os traballadores. En calquera caso, vostede poderá optar pola realización doutros cursos aínda que non fosen contemplados no presente programa formativo.
Para ofrecer maiores posibilidades de adecuación ás necesidades de produción da empresa, mugatra ofrece esta formación que se caracteriza pola flexibilidade dos seus horarios, pois o mesmo traballador organiza o seu tempo de estudo, o cal require certo grao de autodisciplina. Disponse en materia de formación a distancia de manuais de elaboración propia.
A formación on line é unha modalidade de ensino a distancia baseada nas novas tecnoloxías. Mugatra pon á súa disposición unha serie de actividades formativas