Nosa MISIÓN

img mision

Satisfacer nas empresas, organizacións ou entidades públicas a necesidade de asegurar a saúde e aptitude para o traballo do seu persoal, e a prevención de todo risco que poida poñelas en perigo.

Nosa VISIÓN

Ser, para os nosos clientes, socios de confianza máis alá dos ámbitos da Prevención de Riscos Laborais e a Vixilancia da Saúde: asesores internos proactivos e comprometidos, provedores de solucións.

Ser, o referente dos Servizos de Prevención Alleos en Galicia.
Ser, para as localidades onde estamos establecidos, unha empresa implicada na comunidade.

Logramos, a mellora das condicións de seguridade e saúde dos traballadores, velando pola integridade física das persoas e a mellora do clima laboral, diminuímos a sinestralidade e os custos que esta xera.

Orientación a resultados
Diriximos as nosas actuacións cara á consecución dos obxectivos do proxecto empresarial, a través da satisfacción do cliente externo e interno.

Ofrecemos un produto de calidade, elaborado con eficiencia e usando os mellores recursos dispoñibles.

Persoas e traballo en equipo
Desenvolvemento interno baseado no mérito e a achega profesional. Compartimos o coñecemento, a formación e a información.

Conducta ética
Actuamos con profesionalidade, integridade moral, lealdade e respecto ás persoas e institucións.

Os nosos OBXECTIVOS

Facilitar as empresas o cumprimento da normativa legal en Prevención de Riscos Laborais, dun xeito próxima e personalizada ás necesidades de cada cliente.

Lograr a mellora das condicións de seguridade e saúde dos traballadores, velar pola integridade física das persoas e a mellora do clima laboral.

Diminución da sinestralidade e dos custos que esta xera.

Ser un instrumento que responda en forma organizada e eficiente para atender todos os asuntos relacionados coa seguridade e saúde laboral nas empresas.