MUGATRA SOCIEDAD DE PREVENCIÓN, S.L.U

MUGATRA SOCIEDAD DE PREVENCIÓN, S.L.U. é un Servizo de Prevención Alleo. A nosa orixe encóntrase na actividade preventiva de Mutua Gallega, na cal xa dispoñiamos dunha serie de medios humanos e técnicos destinados ao fomento da prevención de riscos laborais entre as empresas, por este motivo herdamos a experiencia de máis de 30 anos en materia de prevención de riscos laborais.

O cambio lexislativo promulgado polo R.D.688/2005 supuxo a separación da actividade como servizo de prevención alleo e, con iso, a constitución dunha nova sociedade de prevención. Desta forma MUGATRA, nace o 1 de Outubro de 2006, como resultado da segregación da actividade preventiva de Mutua Gallega.

A Lei de Mutuas obriga á venda de todas as sociedades de prevención ou ben a súa disolución, por este motivo o 18 de Setembro de 2013 Mugatra formaliza a súa escritura de compravenda, conservando así a súa actividade, persoal e medios, garantindo a continuidade do servizo aos nosos clientes.

MUGATRA foi acreditada como Servizo de Prevención de Riscos Laborais pola Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais nas especialidades de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada e Vixilancia da Saúde con data 30 de Xuño de 1999.

Compañía